Toda humilde beleza... by Slidely Slideshow
luns, 24 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
Viaxe cara ás novas tecnoloxías
No vídeo que
se nos propón que comentemos, Jordi Adell fai un resumo sobre que se entende
por competencia dixital. O primeiro que lle vén a un profesor/a á cabeza cando
escoita estas dúas palabras é a avaliación personalizada das competenciasbásicas que se debe facer de cada alumno ó comezo e ó remate do curso. A
maioría das veces, o “Tratamento da información e competencia dixital” avalíase
de maneira intuitiva, sen ter en conta todo o que isto engloba.
Como todas as
competencias básicas contempladas no currículo actual, a competencia dixital implica
saber facer, efectuar unha tarefa con eficacia nun determinado contexto. Para
conseguir isto, é necesario mobilizar
coñecementos, habilidades e actitudes de maneira integrada, pois a competencia
dixital implica competencia informacional, competencia tecnolóxica, alfabetizaciónsmúltiplas, competencia cognitiva xenérica e cidadanía dixital. Xa que logo, o
ensino obrigatorio debe ser a canle principal para a adquisición dunha
competencia dixital activa. Evidentemente, a casa e a familia tamén xogan un
papel importante, pois os mozos/as de hoxe nacen coas novas tecnoloxía debaixo
do brazo e cando chegan ó ensino obrigatorio, xa contan con bastantes
coñecementos tecnolóxicos, que, tanto pais/nais como docentes, deben axudar a
canalizar, desenvolver e mellorar, de xeito que estes rapaces/as sexan capaces
de traballar criticamente con información, de crear nova información, de
aprender e comprender novas linguaxes e de coñecer e pór en práctica os seus
deberes e dereitos como cidadáns/ás dixitais, e todo isto manexando as
diferentes ferramentas tecnolóxicas.
Fontes interesantes sobre o tema:
https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2007-238
(Decreto competencias básicas ESO)
https://www.youtube.com/watch?v=uS2ScSPtJV0
(Competencia dixital e exemplos para integrala nas aula.
https://www.youtube.com/watch?v=V_HOIsP-Ix8
(Crítica ó sistema de competencias básicas).
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)