xoves, 20 de novembro de 2014
martes, 28 de outubro de 2014
sábado, 25 de outubro de 2014
xoves, 25 de setembro de 2014
xoves, 8 de maio de 2014
Participación do IES Cosme López Rodríguez no Correlingua Monforte 2014
Un ano máis o alumnado do IES Cosme López da Rúa participou nos actos que se desenvolveron en Monforte con motivo do Correlingua 2014. Neste caso, os rapaces/as participantes cursaban 4º ESO, 4º PDC, 3º PDC e 2º ESO.
mércores, 9 de abril de 2014
luns, 24 de marzo de 2014
martes, 11 de marzo de 2014
Viaxe cara ás novas tecnoloxías
No vídeo que
se nos propón que comentemos, Jordi Adell fai un resumo sobre que se entende
por competencia dixital. O primeiro que lle vén a un profesor/a á cabeza cando
escoita estas dúas palabras é a avaliación personalizada das competenciasbásicas que se debe facer de cada alumno ó comezo e ó remate do curso. A
maioría das veces, o “Tratamento da información e competencia dixital” avalíase
de maneira intuitiva, sen ter en conta todo o que isto engloba.
Como todas as
competencias básicas contempladas no currículo actual, a competencia dixital implica
saber facer, efectuar unha tarefa con eficacia nun determinado contexto. Para
conseguir isto, é necesario mobilizar
coñecementos, habilidades e actitudes de maneira integrada, pois a competencia
dixital implica competencia informacional, competencia tecnolóxica, alfabetizaciónsmúltiplas, competencia cognitiva xenérica e cidadanía dixital. Xa que logo, o
ensino obrigatorio debe ser a canle principal para a adquisición dunha
competencia dixital activa. Evidentemente, a casa e a familia tamén xogan un
papel importante, pois os mozos/as de hoxe nacen coas novas tecnoloxía debaixo
do brazo e cando chegan ó ensino obrigatorio, xa contan con bastantes
coñecementos tecnolóxicos, que, tanto pais/nais como docentes, deben axudar a
canalizar, desenvolver e mellorar, de xeito que estes rapaces/as sexan capaces
de traballar criticamente con información, de crear nova información, de
aprender e comprender novas linguaxes e de coñecer e pór en práctica os seus
deberes e dereitos como cidadáns/ás dixitais, e todo isto manexando as
diferentes ferramentas tecnolóxicas.
Fontes interesantes sobre o tema:
https://www.boe.es/buscar/doc.php?id=BOE-A-2007-238
(Decreto competencias básicas ESO)
https://www.youtube.com/watch?v=uS2ScSPtJV0
(Competencia dixital e exemplos para integrala nas aula.
https://www.youtube.com/watch?v=V_HOIsP-Ix8
(Crítica ó sistema de competencias básicas).
domingo, 23 de febreiro de 2014
PARA O MEU ALUMNADO
Despois de moito matinar e de moitas peticións pola vosa parte, atrevinme a pór en marcha este blog coa intención de que se convirta nun elemento máis de comunicación entre nós.
Gustaríame, que este non fose o meu blog, senón o voso blog, pois o seu
fin último é que poidades achegarvos dun xeito máis atractivo ó
coñecemento da nosa lingua e literatura, pero tamén da nosa historia,
xeografía, etnografía, pintura, música, arquitectura... ou mesmo de todo
aquilo polo que poidades sentir interese e que dalgunha maneira vos
motive para aprender. Só tedes que probar a deixarvos levar pola lingua
para camiñar, brincar, aprender e gozar de todo o que nos rodea.
Dado que na comunicación actual as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental, agardo que recibades esta ferramenta con tanta ilusión coma min, xa que, como son da vella escola, calquera medio que supoña unha utilización das TIC no ensino me parece fascinante e non deixa de sorprenderme e marabillarme. Oxalá tamén vós fiquedes marabillados e pronto comecedes a darlle forma a este blog coas vosas achegas.
Dado que na comunicación actual as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental, agardo que recibades esta ferramenta con tanta ilusión coma min, xa que, como son da vella escola, calquera medio que supoña unha utilización das TIC no ensino me parece fascinante e non deixa de sorprenderme e marabillarme. Oxalá tamén vós fiquedes marabillados e pronto comecedes a darlle forma a este blog coas vosas achegas.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
