domingo, 23 de febreiro de 2014

PARA O MEU ALUMNADO

   Despois de moito matinar e de moitas peticións pola vosa parte, atrevinme a pór en marcha este blog coa intención de que se convirta nun elemento máis de comunicación entre nós.
  Gustaríame, que este non fose o meu blog, senón o voso blog, pois o seu fin último é que poidades achegarvos dun xeito máis atractivo ó coñecemento da nosa lingua e  literatura, pero tamén da nosa historia, xeografía, etnografía, pintura, música, arquitectura... ou mesmo de todo aquilo polo que poidades sentir interese e que dalgunha maneira vos motive para aprender. Só tedes que probar a deixarvos levar pola lingua para camiñar, brincar, aprender e gozar de todo o que nos rodea.
   Dado que na comunicación actual as novas tecnoloxías teñen un papel fundamental, agardo que recibades esta ferramenta con tanta ilusión coma min, xa que, como son da vella escola, calquera medio que supoña unha utilización das TIC no ensino me parece fascinante e non deixa de sorprenderme e marabillarme. Oxalá tamén vós fiquedes marabillados e pronto comecedes a darlle forma a este blog coas vosas achegas.
  
.
Cartel elaborado por vós para participar no Correlingua do ano pasado

Ningún comentario:

Publicar un comentario